Wednesday 15 de May de 2024

O Museo Valle-Inclán promove unha visita comentada ao conxunto histórico de Santa María do Xobre


Para a efeméride do terceiro centenario da consagración do templo parroquial de Santa María do Xobre, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal promove unha visita comentada ao conxunto histórico. Poderase así coñecer máis polo miúdo a igrexa, a reitoral, tres cruceiros, a ponte e a antiga hospedaría do exconvento de Santo Antonio. A saída efectuarase no 24 de agosto, ás 12.00 horas, co adro como punto de encontro. Se ben é unha actividade de balde, require a inscrición previa a través dos teléfonos de contacto 981831662 e 681173484 ou do enderezo electrónico museo.valleinclan@apobra.gal.

Continúan así os itinerarios polo patrimonio cultural da localidade operativos dende finais do mes de xullo e que permitiron xa redescubri-la capela da Alba da igrexa de Santiago do Deán ata en dúas ocasións, o pazo do Couto e o templo de Santa María a Antiga do Caramiñal.

E, como xa é costume, cada venres, ás 11.00 e 19.00 horas, ofrécense visitas comentadas á torre de Bermúdez. Unicamente é preciso anotarse nas canles xa referidas.